Friday 10 de May de 2024

O Concello entrega as licenzas de venda dos proxectos do programa Semente


Nesta edición participarán na feira final do 19 de maio en María Pita un total de 20 cooperativas de nove centros educativos

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá no Salón de Plenos de María Pita a entrega de licenzas de venda aos proxectos do programa Semente. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín. No acto participaron arredor de 150 alumnos e alumnas de nove centros educativos da cidade e que conforman as 20 cooperativas que participarán no mercado que se celebrará o 19 de maio na praza de María Pita.

“Hoxe solicitades formalmente a vosa licenza e, con ela, adquirides o compromiso de amosar á cidadanía os vosos produtos. O voso esforzo e iniciativa verase entón recompensado”, sinalou a rexedora durante o acto.

Centros participantes:

CEIP Concepción Arenal. 3º A: Xogos divertidos. 3º B: Creativilandia.

CPR Grande Obra de Atocha. Educación Especial: GOA & Jones. 5º A: Animal Gamers. 5º D: Primaria 51.

CPR Hijas de Jesús. 4º-1: Mundo infinito 4º-2: Mentes Curiosas. 4º-3 Deportixogos.

CEIP Manuel Murguía. 5º A: Mil e un tarros. 6º A: Murguiarxila.

CPR Montegrande. 6º A: Supermontegrande.

CPR Sagrado Corazón. 6º A: La Coru Neno. 6º B: Franciscorp. 6º C: Confishop.

CEIP San Francisco Javier. 5º A: Sementa deportes. 5º B: Ciencia y Terror. 5º C: SanMarisco.

CEIP San Pedro de Visma. 5º A: Arte Natural. 5º B: EcoCoruña.

CEIP Zalaeta 3º A: Artilandia.